Achegándonos ao teclado

De OoDocGAL

Comentario
Os contidos desta páxina precisan ser revisados.
Tódalas teclas teñen a súa utilidade e función. O seu coñecemento permítenos axilizar o traballo; imos ver algún exemplo:

Tabla de contenidos

[editar] As teclas de control

Sitúanse entre o teclado alfanumérico e o teclado numérico, e bordeando o teclado alfanumérico. Estas teclas permiten controlar e actuar cos diferentes programas. De feito, cambian de función segundo a aplicación que se estea a usar.
Intro / Enter: Tecla pra terminar párrafos o introducir datos.
Frechas de desprazamento : Moven o cursor cara ó lugar desexado.
Retroceso (Backspace): Representado por unha frecha en sentido esquerda, permite retroceder o cursor cara a esquerda borrando simultáneamente os caracteres.
Shift: Representado por unha frecha cara arriba permite mentres se preme cambiar de minúsculas a maiúsculas e viceversa.
Insert: Esta tecla permite escribir ou inserir caracteres á vez que borra o seguinte carácter, (no Word e noutros programas se mostra na barra inferior a palabra SOB que indica se a tecla está activada ou non).
Tabulador: Represéntase mediante dúas frechas en sentido contrario (esquerda – dereita). Serve pra aliñar textos nos procesadores de texto. No sistema operativo emprégase pra despraza-lo cursor polas diferentes fiestras e opciós. É sustituto do rato por tanto.
Bloq mayús: Ao pulsar esta tecla acéndese un sinal do teclado, que indica que está activado o bloqueo de maiúsculas, que fai que todo o texto se escriba en maiúsculas (e que ao pulsar Shift se escriba en minúsculas).
Alt: Emprégase en combinación con outras teclas pra executar funciós do programa (Alt+E é abrir Edición, Alt+A é abrir Arquivo, Alt+V abre Ver)
Alt Gr: Ademáis de servir como tecla Alt tamén serve en combinación coas teclas que incorporan símbolos na parte inferior dereita para inserilos no documento (símbolos como @, €, #, chaves e corchetes precisan pulsar Alt Gr e as teclas que conteñen esos símbolos, neste caso 2, E e 3)
Control: Emprégase en combinación con outras teclas pra activar distintas funciós do programa. (Control+C é copiar, Control+X é Cortar, e Control+V é Pegar)
Supr: A tecla Suprimir, como ben indica o seu nome, serve pra borrar tanto campos en táboas, como caracteres en procesadores.
Esc: "Escape" é unha tecla que serve para cancelar procesos e acciós en progreso, tamén serve para pechar cadros de diálogo ou fiestras.
Inicio: Esta tecla sitúate ó principio dunha línea ou dun documento, dependendo do programa que estés empregando.
Fin: A súa función é a contraria á tecla Inicio, e sitúate no final.
Re Pág: Retrocede unha páxina.
Av Pág: Avanza unha páxina.
Impr pant: Tamén “Pet Sis”, significa "imprimir pantalla", e a súa función é copiar o que aparece na pantalla como unha imaxe. Gárdase no portapapeis e pódese pegar en calquera documento que permita pegar imaxes.
Bloq despl.: É empregada baixo o sistema operativo MS-DOS para deter o desprazamento de texto.
Pausa: Utilízase en MS-DOS para deter acciós en proceso e así poder ler o texto desas acciós.
Menú contextual:. Represéntase por unha frechiña que sinala unha especie de listado, (sitúase na misma fila que a barra espaciadora). Ó pulsalo desprega un menú de opciós, o mesmo que ao empregar o botón dereito do rato.
Windows: Só existe nos teclados deseñados para Windows. Representase polo logo, e serve pra abri-lo menú de Inicio.
Barra espaciadora: Introduce espazos entre caracteres.

[editar] As teclas de funciós

Están situadas na parte superior do teclado, as súas funciós son as seguientes:
Teclas de función
Teclas de función
F1 Axuda do programa
F2 Renomea o arquivo, acceso directo á carpeta seleccionada.
F3 Inicia unha búsqueda no directorio onde estás.
F4 Desprega o menú Ir a unha carpeta diferente dende a barra de ferramentas dunha carpeta
F5 Actualiza o contido da fiestra seleccionada. Moi útil para localizar arquivos fantasmas.
Tecla ALT
Tecla ALT
ALT + F4 Pecha a aplicación activa, se estás no escritorio e non hai fiestras abertas, pecha o sistema.
tecla de control
tecla de control
CTRL + ESC Dende calquer aplicación móstranos o menú inicio e a barra de tarefas.
tecla de escape
tecla de escape
CTRL + X Corta a selección actual e a envía ó portapapeis. Iconos e arquivos quedan sombreados ata que son novamente pegados.
CTRL + C Copia a selección actual ó portapapeis
CTRL + V Pega o contido do portapapeis
ALT + TAB Mostra as aplicacións abertas na barra. Mantendo pulsado ALT e pulsando TAB repetidamente cámbiase de aplicación
tecla de tab
tecla de tab

[editar] O teclado alfanumérico

É similar ó teclado da máquina de escribir.Ten tódalas teclas do alfabeto, os dez díxitos decimais e os signos de puntuación e de acentuación.

[editar] O teclado numérico

Para que funcione o teclado numérico debe estar activada a función "Bloquear teclado numérico". Pola contra, débese pulsar a tecla [Bloq Lock] ou [Num Lock] pra activalo. Ao pulsar podemos observar que, na esquina superior dereita do teclado, acenderase a luz co indicador [Bloq Num] ou [Num Lock].
Parécese ao teclado dunha calculadora e serve pra ingresar rápidamente os datos numéricos e as operaciós matemáticas máis comúns: suma, resta, multiplicación e división.
Herramientas personales