Como participar (le isto tamén)

De OoDocGAL

Tabla de contenidos

[editar] Perigo!! estás accedendo a un wiki!!

Os contidos desta páxina poden ser modificados por calquera persoa rexistrada, e o rexistro está aberto a calquera. Iso quere dicir que calquera pode modificar os contido que ti, ou calquera outra persoa engadamos.

Calquera contido que publique neste sitio poderá ser empregado por quen así o desexe para realizar outros traballo, sempre e cando respete as condicións da GNU Free Documentation License 1.2. Se non desexas que outras persoas usen as túas creación, por favor, non as publiques neste sitio.

É necesario que respetes os desexos de outros creadores. Se vas a engadir neste sitio contidos de terceiras persoas, asegúrate primeiro de que os autores orixinais dos contidos están de acordo.

[editar] Perigo!! páxina en construcción de xeito definitivo!!

Este sítio web non conserva o seu contido. Todo é transitorio e todo está en proceso de constante corrección e mellora.

[editar] Perigo!! esta páxina ponte en contacto con persoas!!

Todo canto atopes nesta páxina web é creación intelectual de seres humanos coma ti. Tódolos contidos está suxeitos a erros.

Todo canto engadas nestas páxinas é lido por outras persoas. Por favor, sé respetuoso. Estás compartindo un espacio público común. Aquí imperan as normas da convivéncia.

[editar] Cousas que están en progreso

O obxetivo principal neste momento é facer os manuais de OpenOffice.org. Dito traballo desenrolaráse en dúas direccións:

  • Documentación didactica da aplicación:
Qué fai cada cousa e qué podemos facer coa aplicación.
  • Tutoriais sobre procesos de traballo:
De que xeito podemos iniciar un novo documento, crear unha táboa, importar información dunha folla de cálculo a un documento ou combinar correspondencia.

Estas dúas liñas adóptanse por considerar que non é tan importante coñecer a aplicación (primeiro punto) coma obter bos procedementos e costumes que nos permitan realizar o traballo fácilmente e con calidade.

[editar] Posibles tarefas a realizar

[editar] Inserción de nova materia.

Pode ser interesante que antes de facelo insertes unha proposta no apartado de "discusión" na páxina correspondente. Deste xeito as persoas que levan máis tempo traballando no wiki poderante indicar se ese é o lugar máis axeitado para facelo.

Isto pode ser especialmente importante se pretendes crear unha nova sección.

[editar] Clasificación do material esistente en categorías

As categorías permítennos asociar cada artigo a outros cos que estean relacionados. A miña proposta é manter unha dobre contabilidade de categorías, de xeito que cada artigo pertenza alomenos a dúas categorías.

  • Categoría de "tipo"
    Clasificará o tipo de artigo do que falamos. ¿É unha explicación, un tutorial, un artigo?
    Permitirá agrupar os artigos dentro de "curso", "exemplos", "avaliación", etc.
    Deste xeito poderanse ir buscar dentro de cada unha destas categorías a información que a cada quén lle interese.
    Se desexas ver unha lista das categoría existentes podes facelo no seguinte enlace:
    Especial:Categories
    Se o crees necesario podes empregar novas categorias non existentes.
  • Categoría de "tema"
    Clasificará a páxina ou artigo en base ao tema que trate.
    Agruparanse os artigos que teñan relación con "parrafos", "taboas", "procesador de textos", "arquivos", "barra de ferramentas", etc.
    Isto permitirá poder contar cun índice temático para localizar fácilmente información sobre un tema determinado.

O ideal e que cada quen mire de cando en vez as categorías existentes e que engada os artigos nos que participe ás categorías que considere oportuno. Tamén podes engadir categorías aos artigos que estean sen clasificar. Desde xeito axudas a que todo o mundo poda atopar facilmente a información do tipo ou o tema que precise.

Para engadir unha categoría facémolo incluíndo ao final do artigo un código coma o seguinte:

[[:Category:Nome da categoría]]

Podemos engadir tantos códigos como desexemos para engadir un artígo a tódalas categorías coas que teña relación.

[editar] Correccións e melloras

Corrixe calquera incorrección ou erro que atopes. Se non estás seguro de facer unha corrección, inclue unha anotación no apartado de "discusión" da páxina que desexas correxir para que outras persoas podan dar a súa opinión. Podes facer o mesmo se queres facer algunha modificación, pero non sabes como facelo.

Lembra que o material desenvolvido ten unha misión de alfabetización. Debe de ser o máis comprensibel e accesible posible, aínda que non por iso menos riguroso.

[editar] Material gráfico e multimedia

Cando sexa interesante podes incluir no artigo imaxes, animacións, presentacións ou calquera outro tipo de material complementario. Por favor, se o material non é da túa creación non inclúas copias. Limítate a incluir un enlace á paxina na que se atope ese material.

Herramientas personales