Discusión:Instalación de Ubuntu 7.04 Feisty Fawn
De OoDocGAL
No estou seguro de se este é o sitio adecuado para comentar isto...
Dependendo de no grao de dificultade que se quera manter no artigo pódense sacar algunhas boas ideas de aquí:
Enchulame el Ubuntu I e Enchulame el Ubuntu II ambos baixo licencia CC by-nc-nd
É o lugar máis axeitado. :) Coñecia os tutoriais que propós, e moitas das cousas que atopamos nelas son interesantes. Por outra banda, cando iniciamos o proxecto de OODocGAL, unha das cousas que nos propuxemos foi procurar fuxir de documentación técnica, tentando limitar os contidos únicamente ós máis útiles para o usuario básico. Consideramos que xa existen lugares dabondo en internet con instruccións de cómo solucionar as cousas desde a liña de comandos ou de como instalar ferramentas técnicas ou especializadas. Tamén é interesante reflexionar sobre o posible perxuizo que se lle fai á difusión do software libre cando buscamos xeitos pouco amigables co usuario raso para solucionar ou facer as cousas, por exemplo editar /etc/apt/sources.list de xeito manual, cando o sistema nos ofrece unha ferramenta "Fontes de Software" no escritorio gráfico moito máis agradable para o usuario medio. De acordo que en realidade é máis rápido editar o arquivo, pero o máis importante á hora de que os usuarios decidan cambiar a outro sistema é o que dan en chamar "experiencia do usuario". É dicir: non importa se é facil ou dificil, o que importa é que pareza facil. Creo que neste senso é no que se move a Ubuntu Weekly Newsletterdeste mes. Nel podemos ler unha serie de artigos recopilado tanto en prensa como en blogues, que relatan como moita xente se desanima cando empeza a empregar escritorios GNU/Linux modernos. A miña analise é a seguinte:Á sua vez, as causas de que esto sexa así, no que eu entendo, serían:
- Os novos usuarios agardan que o novo sistema se comporte como o seu anterior sistema, que as cousas se fagan do mesmo xeito, e as ferramentas sexan as mesmas e se atopen no mesmo sitio.
- Cando os novos usuarios buscan axuda, atopan instruccións para solucionar as suas necesidades mediante comandos, que teñen unha apariencia criptica e pouco amigable (ainda que non sexa certo).
Polo tanto eu proporía unha serie de premisas á hora de ensinar "informática de usuario" ou escribir manuais e documentación dirixidos a usuarios básicos:
- Constantemente, os propios usuarios/deseroladores/dibulgadores de GNU/Linux comparamos os nosos escritorios cos de Microsoft, o que non deixa de ser ridículo. ¿Non temos argumentos ou coñecemento sobre os nosos sitemas, que para ofrecelos temos que falar doutros?.
- Ainda unha inmensa maioría dos usuarios de escritorios GNU/Linux son usuarios técnicos ou avanzados, que disfrutan da flexibilidade e potencia da liña de comandos. Desgraciadamente carecemos de pedagogos que se esforcen en baizar ó nivel do usuario ó que non lle interesa para nada a Informatica e que só queren ter os coñecementos necesarios para manexar unhas poucas ferramentas concretas. Esto estropea en grande medida os esforzos dos programadores por proporcionar ferramentas sinxelas no escritorio gráfico. Como o "os que enseñan" non necesitan estas ferramentas, non as coñecen, e polo tanto non as ensinan ós que están empezando.
- Molestarse en coñecer as ferramentas de administración do escritorio gráfico. Se non as coñeces non podes ensinalas... nen criticalas.
Non sei que che parece.
- Non instalar ferramentas adicionais se o sistema xa aporta ferramentas axeitadas para a fin en cuestión. Por exemplo, instalar clientes FTP cando Nautilus manexa o protocolo perfectamente ou instalar complicadas ferramentas de grabación de CD cando os escritorios permiten facelo de xeito sinxelo e efectivo. Isto non quere dicir que non podamos instalar o que nos pete ou indicar a existencia de ferramentas alternativas, pero temos que pensar que os desenroladores elixiron as ferramentas que xa están instaladas no sistema por algún motivo. É necesario deixar de lado os nosos gustos, ensinar primeiro o que o sistema ofrece e só máis tarde ofrecer alternativas.
- Se é posible empregar unha ferramenta gráfica, prefírea á consola (á hora de ensinar ó novato).
- Non compares o teu sistema co Windows. ¿A caso teñen algo que ver?.
------
Estou dacordo. (fpuga)

