Discusión:Portada

De OoDocGAL

Tabla de contenidos

[editar] Proposta de traballos a realizar

[editar] Liñas de traballo

Tal e como eu o vexo sería interesante seguir as seguintes liñas de traballo:

  1. Creación do "curso" de OpenOffice.org.
    Este traballo iremolo facendo baseandonos noutros cursos xa publicados e traducindoos ó galego. Sería necesaria a participación de quenes así o desexen para revisar a traducción e mellorar e ampliar os téxtos, as imaxes, as prácticas e as explicacións.
  2. Creación do manual de referencia de OpenOffice.org.
    O traballo neste senso consistiría na creación de explicacións concisas sobre barras de ferramentas, menues, e cadros de dialogo concretos, acompañados das imaxes corespondentes cando así fose aconsellable.
  3. Creación de novas prácticas, exemplos e avaliacións.
    Que incidan no emprego de determinadas partes da ferramenta.

Un e outro traballo deberíanse complementar entre si, de xeito que cando algúnha parte do "curso" faga referencia a un menú, barra, etc... poda incluir o enlace ó manual de referencia correspondente, así coma accesos ás practicas relacionadas.

[editar] Organización

A dificultade dunha obra deste tipo non está tanto en "meter" información nela coma en conseguir que, despois, esa información se poda localizar e consultar facilmente. No MediaWiki isto conseguese en gran parte mediante o emprego dos enlaces e as categorías.

[editar] Enlaces

Os enlaces permiten:

  • Referenciar outros artigos relacionados co actual.
    Sempre que coñezamos que existe un artigo que aclara ou amplia un concepto tocado no artigo actual, engadimos un enlace neste facendo referencia a aquel.
  • Propoñer a creación de artigos sobre un tema determinado.
    Cando consideremos necesaria ou interesante a creación de un artigo que amplie ou aclare conceptos referentes a outros mencionados no artigo actual, podemos engadir un enlace referíndo ó titulo do artigo que ainda non existe. Quen así o desexe poderá iniciar a creación do mesmo.

[editar] Categorías

As categorías permítennos asociar cada artigo a outros cos que estén relacionados. A miña proposta é manter unha doble contabilidade de categorías, de xeito que cada artigo pertenza alomenos a dúas categorías.

  • Categoría de "tipo"
    Permitirá agrupar os artigos dentro de "curso", "barras de ferramentas", "cadros de dialogo", "exemplos", etc.
    Deste xeito poderánse ir buscar dentro de cada unha destas categorías a información que a cada quén lle interese.
  • Categoría de "tema"
    Na que se agruparán os artigos que teñan relación con "parrafos", "taboas", "procesador de textos", "arquivos", etc.
    Isto permitirá poder contar con un índice temático para localizar fácilmente información sobre un tema determinado.

O ideal e que cada quen mire de cando en vez as categorías esistentes e que engada os artigos nos que participe ás categorías que considere oportuno.

Para engadir unha categoría facémolo incluindo ó final do artigo un código coma o seguinte:

[[Categoría:Nome da categoría]]

Podemos engadir tantos códigos como desexemos para engadir un artígo a tódalas categorías coas que teña relación.

[editar] Comentarios

  • Daniel B.D. ~ Tantrik 08:37 8 sep 2006 (CEST)Para engadir un comentario coma este, engade unha liña ó final da páxina cun * "*" dediante.
    • Daniel B.D. ~ Tantrik 08:37 8 sep 2006 (CEST)Para engadir unha resposta coma esta, engade unha liña despois do comentario que desexes respostar con dous * "**" dediante.
      • Daniel B.D. ~ Tantrik 08:37 8 sep 2006 (CEST)Podes responder a unha resposta empregando tres * "***".
        Non deixes espacios entre liñas.
        Se desexas ver como está feito este exemplo, pulsa editar.
Herramientas personales