Instalación de Ubuntu 7.04 Feisty Fawn

De OoDocGAL

Tabla de contenidos

[editar] Instalación básica

Necesitamos un CD-ROM de instalación. Neste enlace podes obter un aquivo que che permitirá grabar o teu propio CD-ROM de instalación.

Necesitarás escoller o arquivo axeitado á arquitectura do teu ordenador. As arquitecturas posibles son x386, 64bits ou SPARC. Se non sabes o que é un SPARC, podes esquecerte desta última opción. Se o teu ordenador ten un microprocesador de 64bits, podes (e debes) empregar o CD-ROM 64bits para sacar o máximo rendemento do teu sistema, pero en calquera caso a opción x386 será válida para a inmensa maioría dos ordenadores, así que se non estás seguro do que fas é a opción máis segura.

Unha vez teñas xerado o CD-ROM de instalación (pide axuda se non sabes como facer isto) podes insertalo na lectora do teu ordenador e reiniciar o mesmo. Despois duns segundos deberías ver unha pantalla como a da Figura 1.

Empregaremo-la nomenclatura inglesa por se-la que ven por defecto na instalación, mais neste intre, tes a opción visibel na base da pantalla (figura 1), de cambi-la linguaxe do menú de instalación pulsando a tecla F2.

Se tes tempo e paciencia podes empregar a cuarta opción (Check CD for defects) para asegurarte de que o CD-ROM está correctamente grabado. Se non o fas corres o risco de que o disco teña algún defecto e a instalación se deteña polo medio.

Despois selecciona a primeira opción (Start or install Ubuntu) para empezar coa instalación do sistema. Durante uns minutos verás a pantalla da Figura 2. Mentras a barriña naranxa se despraza dun lado a outro da pantalla, sin que nós o vexamos se está a producir a miragre do inicio dun escritorio GNU/Linux completo desde o CD-ROM. Ten paciencia, dependendo da velocidade do teu equipo pode tardar un pouco.



Desque o sistema xa está cargado, poderás ver cómo se inicia un escritorio de traballo igual ó que terás cando xa dispoñas do sistema instalado no teu equipo.

Unha vez remate o inicio do sistema (Figura 3), poderás comprobar se todo funciona correctamente: tarxeta de son, video, acceso a Internet... Se todo está correcto poderás iniciar a ferramenta de instalación de Ubuntu facendo doble clic no icono “Install”:

O primeiro que terás que facer desque arranque a aplicación de instalación será elixir a linguaxe por defecto que desexas empregar no sistema. Poderás engadir máis linguaxes e modificar a linguaxe preferida cando o sistema esté xa instalado no sistema. Se varias persoas van a empregar o ordenador, cada quen poderá escoller en que idioma prefire traballar.

Despois chegará o momento de indicar a túa localización xeográfica. Isto é importante para que o sistema poda configurar de xeito correcto a hora do reloxo do teu equipo, e calcular correctamente as diferencias horarias cando te comuniques con persoas e computadoras noutros lugares do mundo.

En realidade, atoparás que as seleccións que se che ofrecen son acordes á selección de idioma que teñas escollido.

No seguinte paso deberemos escoller que tipo de teclado emprega o noso ordenador. Normalmente xa estará preseleccionado un teclado axeitado. Poderás comprobar que tódalas teclas funcionan de xeito correcto na casilla que podes ver no fondo. Será dabondo probar o eñe e os tildes.

Depois temos que decidir como administramos o espazo do noso disco duro, o lugar no que se almacenará o sistema Ubuntu.

  • Se desexas que Ubuntu sexa o único sistema no ordenador e queres borrar todo o contido do disco duro (incluindo calquera documento, traballo, imaxe, correo electrónico, axenda de direccións ou favorito de internet), daquela a opción correcta é “empregar o disco completo”.
  • Se Ubuntu compartirá o disco con outro sistema, probablemente a mellor opción para ti sexa a primeira “reducir o tamaño da partición”.
  • No caso de que, con anterioridade, xa teñas deixado espacio reservado para instalar Ubuntu, ou algún outro sistema, a tua opción é “empregar espacio libre”.
  • Se sabes o que estás a facer e as expresións “partición”, “unidade lóxica”, “sistema de arquivos”, e “formatear” teñen un significado claro para ti, poida que desexes escolle-la opción “manual”.
  • Se non tes claro que facer, non toques nada e pulsa o botón “Adiante”

Se estabas a empregar un sistema MSWindows, agora terás a oportunidade de copiar alguns datos e configuracións ó teu novo sistema GNU/Linux. Escolle o usuario da lista do que queres copiar os datos e completa os datos amosados nas casillas inferiores.

Despois pediránseche os datos para darte de alta como usuario no sistema. Os datos realmente importantes son o “nome de usuario para iniciar sesión” (segunda casilla) e o contrasinal, que terás que teclear dúas veces para que o sistema comprobe que non te trabucaches ó facelo.

¡Listos para copiar Ubuntu ó teu ordenador!. Comproba que os datos que se amosan no resumo son correctos.

Se o desexas podes pulsar o boton “Advanced...” para participar na enquisa de popularidade das aplicación de Ubuntu (figura 12). Non terás que facer nada e axudarás ós tecnicos de Ubuntu a saber cales son os programas máis empregados polos usuarios. Deste xeito poderán centra-los esforzos de mellora nas aplicacións máis populares.

Unha vez remates, fai click no botón “Install”.

Agora poderás ver como a aplicación de instalación vai realizando diferentes procesos. Serán procesos longos, entre 30 minutos e unha hora, dependendo da velocidade do teu ordenador. Así que escolle unha boa novela e disfruta.

Cando a instalación esté completa, suxeriráseche que reinicies o teu ordenador. Así que o fagas atoparás instalado nel a tua nova Ubuntu GNU/Linux.

[editar] Post-instalación.

Desque témo-lo sistema instalado, ainda nos quedan algunhas tarefas para instalarlle algunhas ferramentas básicas que imos necesitar:

[editar]
Completando a instalación dos idiomas
Completando a instalación dos idiomas
Completa-la instalación dos idiomas

Despois do proceso de instalación do soporte para idiomas distintos ó ingles está só parcialmente instalado. Para completar a súa instalación, debemos dirixirnos ó menú Sistema -> administración -> Soporte de idiomas. Como cada vez que inicies unha ferramenta de administración, terás que proporciona-lo teu contrasinal. Na aplicación que aparecerá, só temos que buscar a linguaxe ou linguaxes que desexamos empregar e marcalas. Despois pulsaremosAceptar.

[editar]
Seleccionando Ubuntu Restricted Extras para instalalo
Seleccionando Ubuntu Restricted Extras para instalalo
Ubuntu restricted extras

Existen determinadas aplicacións moi comúns que non poden ser instaladas “de serie” no sistema por cuestións legais. Por exemplo, o plugin de flash é de uso gratuito, pero os seus propietarios só permiten a súa instalación desde a súa propia páxina web de Internet, e non distribuir copias xunto con outras aplicacións. O mesmo ou cousas similares suceden con determinado software necesario para reproducir MP3, videos, tipos de letra compatibles con MSWindows... etc.

Como os usuarios de Ubuntu necesitarán destas ferramentas antes ou máis tarde, Ubuntu preparou un xeito sinxelo de instalalas.

Ubuntu restricted extras é un metapaquete que inclue os paquetes de software necesarios para:

  • Software necesario para decodifica-los arquivos de música e video máis comúns: gstreamer0.10-plugins-ugly e gstreamer0.10-plugins-ugly-multiverse.
  • Tipos de letra compatibles cos empregados nos sistemas operativos de Microsoft. Garante a correcta visualización de documentos creados en ditos sistemas: msttcorefonts.
  • Plugin de Flash para acceder a contidos multimedia de gran número de páxinas web: flashplugin-nonfree.
  • Plugin de Java para a execución de aplicación Java desde Internet: sun-java6-plugin.

Para instalar Ubuntu restricted extras, abre o menúAplicacións -> Engadir/Eliminar. Na aplicación que aparecerá (Figura 13.: Engadir e eliminar aplicacións ) podes seleccionar gran número de aplicacións para instalar. Para atoparUbuntu restricted extrase marcalo para a súa instalación, fai o seguinte:

Na casilla Procurarescribe “restricted” para que aparezan tódalas aplicacións que inclúan esa palabra. Despois, no menúAmosar(Show), seleccionaTódalas aplicacións dispoñibles. Debería aparecer o paqueteUbuntu restricted extras. Para instalálo, só tes que marcar a casilla á sua esquerda. Aparecerán unha serie de advertencias e confirmacións. Leas e acéptaas. Só tes que pulsar o botónAceptare segui-las indicacións que se te amosen. O paquete instalarase por si so.

[editar] Instalando algunhas ferramentas moi úteis

Empregando a ferramenta para engadir/eliminar aplicacións, podemos instalar no noso novo sistema alguns programas que probablemente nos resultarán úteis.

A seguinte lísta é só unha suxerencia. Tes á tua disposición centos de aplicacións que podes instalar. Curiosea polas categorías da aplicación para atopar programas que che podan resultar interesantes e úteis.

Non te acostumbres a instalar moitas aplicacións á vez. Instala unha aplicación e próbaa para ver se é do teu interese ou non. Se non che gusta, desinstálaa antes de probar con outra. Ás veces temos que probar varias ferramentas antes de atopar aquela coa que nos sentimos máis a gusto.

Poderás atopa-las seguintes aplicacións escribindo o seu nome na casiña Procurar de Engadir/Eliminar aplicacións. Para instalalas só tes que marcalas e activar o botón Aplicar ou Aceptar. Asegúrate de ter seleccionado Tódalas aplicacións dispoñibles no menu Show (amosar). Le con atención as indicacións e advertencias que che amose o sistema. É o mellor xeito de aprender rápidamente e cometer cada vez menos erros.

[editar] ntfs-3g - Accedendo ós datos do Windows

Se no teu sistema conviven Windows (NT, 2000 ou XP) e GNU/Linux, agradecerás poder acceder ós datos almacenados no espacio de disco do Windows cando estas traballando co GNU/Linux.

Despois da instalación, e sen necesidade de facer nada, xa podes acceder a ver o contido da partición de disco de Windows, pero non podes facer modificacións na mesma. Se necesitas crear, eliminar ou modificar ficheiros ou carpetas nestas particións, terás que instalar ntfs-3g.

Instalando ntfs-3g
Cando xa teñas instalado ntfs-3g, necesitarás configuralo.

O primeiro é comprobar que o teu sistema non estea usando neste momento a partición de Windows. Comproba se tes un icono no escritorio que conduza á partición de Windows, e se é así, desmontao no menú que obterás facendo click nel co botón dereito do rato.

Logo de mirar esto, podes acceder ó menu Aplicacións -> Ferramentas do sistema e coller a ferramenta de configuración de NTFS (NTFS configuration tool).

Dalle un nome (punto de montaxe) a cada unha das particións de Windows ás que queras acceder. Na seguinte ventá poderás activa-lo soporte para acceder a datos de Windows dos discos duros internos do teu equipo ou de dispositivos externos separadamente.

[editar] Beagle - Deixa que el busque por ti

Beagle é coma un buscador... coa diferencia que no canto de buscar en Internet, busca no teu ordenador. Non só busca nomes de ficheiros ou carpetas, senon que tamén busca polas súas propiedades e o seu contido, de xeito que se buscas a palabra "curso" creará unha lista nos que aparecerá os ficheiros curso_de_informatica.odt e proxectos_en_curso.rtf pero tamén aparecerá o ficheiro gastos_de_setembro.ods no que se fai referencia ó pago da matricula de un "curso".
Seleccionando Beagle
Beagle necesita manter un índice dos teus ficheiros para poder atopar a información de xeito rápido e eficiente. O xeito máis facil de que ese índice se cree é reiniciar o ordenador.
Icono de Beagle na área de notificación.

A próxima vez que empregues o equipo, atoparás un icono na barra superior que che dará acceso a Beagle.

[editar] Seahorse - Seguridade e privacidade para as tuas comunicacións e ficheiros

Se empregas con frecuencia o correo electrónico para comunicarte, especialmente se o fas como parte do teu traballo, ou se manexas ficheiros que conteñen información sensible que é necesario manter en privado, atoparás en Seahorse unha aplicación de moita utilidade. No meu blogue podes ler un artigo introductorio á tecnoloxía OpenPGP (GnuPG) empregada por Seahorse, na que se intenta explicar a sua utilidade e rudimentos.
Seleccionando Seahorse na lista de aplicacións de Engadir/Eliminar...
Seahorse pódese instalar do mesmo xeito que as aplicacións que vimos con anterioridade, ainda que antes de empezar a usalo necesitarás crear un par de chaves PGP para as tuas direccións de correo.

[editar] aMule - Compartir é bo

aMule é un clon de eMule que podes empregar en GNU/Linux. Con el podes descargar todo tipo de ficheiros de Internet: películas, música, libros, manuais... á vez que permites que outras persoas accedan á túa colección de ficheiros.
Amule na lista de aplicacións.

[editar] Ferramentas para Avahi - Comparte os teus recursos na rede local de xeito máis doado

Herramientas personales