Mantendo o sistema

De OoDocGAL

Tabla de contenidos

[editar] Unha conta para cada usuario

[editar] Actualizaciós do sistema

[editar] Protexéndonos dos virus e outros bichos

[editar] Copias de seguridade

Facer unha copia de seguridade, copia de respaldo ou simplemente respaldo (backup en inglés) consiste en gardar nun meio extraíbel (pra poder gardalo en lugar seguro) a información sensible referida a un sistema. Esta pódese realizar tanto en ordenadores persoais como en servidores. Este meio pode ser un disco duro externo, un CD-ROM grababel, cintas de datos (DAT), discos ZIP ou JAZ, ou magneto-ópticos. A copia de seguridade pode realizarse só dos datos (bases de datos, correo electrónico, carpetas compartidas nun servidor de arquivos) pero tamén de arquivos que formen parte do sistema operativo.

É máis correcto dicir copia de seguridade ou copia de respaldo que usa-lo anglicismo backup, sen embargo este término é ampliamente empregado.

As copias de seguridade nun sistema informático teñen por obxetivo manter certa capacidade de recuperación da información ante posibels perdas. Esta capacidade pode chegar a ser algo moi importante, incluso crítico, para as empresas. Téñense dado casos de empresas que chegaron a desaparecer ante a imposibilidade de recuperar os seus sistemas ao estado anterior a que se producise un incidente de seguridade grave. As copias de seguridade dos datos, as máis importantes ó fin e ó cabo, teñen por obxeto manter a capacidade de recupera-los datos perdidos tras un incidente de seguridade.

[editar] Elixindo o soporte

Os meios típicos pra almacenar copias de seguridade a longo prazo son os seguintes:

   * Meios magnéticos:
         o Cintas magnéticas DAT.
         o Cintas magnéticas DLT.
         o Cintas magnéticas Ultrium-II. As máis populares hoxe en día.
         o Cartuchos ZIP. Teñen menor capacidade que as cintas magnéticas.
   * Medios ópticos e magneto-ópticos:
         o DVD-ROM.
         o DVD-RAM.
         o WORM.
         o CD-ROM.

[editar] Tipos de copias

Cando se empregan meios de almacenamento fora de liña existen tres políticas xa consagradas:

  • Copia total: Consiste nunha copia completa de tódolos datos principais. Require maior espazo de almacenamento e ventá de backup.
  • Copia diferencial: Consiste en copiar únicamente aqueles datos que foran modificados respecto a unha copia total anterior. Require menor espazo de almacenamento e ventá de backup. Para restaurar unha copia diferencial é necesario restaurar previamente a copia total na que se basa. Por tanto, require maior tempo de restauración. Unha copia diferencial pode sustituir a outra copia diferencial máis antiga sobre a mesma copia total.
  • Copia incremental: Consiste en copiar únicamente aqueles datos que foran modificados respecto a outra copia incremental anterior, ou ben, unha copia total si ésta non existe. Nótese que unha copia incremental non sustitúe ás copias incrementais anteriores. Pra restaurar unha copia incremental é preciso restaura-la copia total e tódalas copias incrementais por orden cronolóxico que estén implicadas. Se se perde unha das copias incrementais, non é posibel restaurar unha copia exacta dos datos orixinais.

[editar] Calendario de copias

O ciclo de seis cintas e fácil de manter. Isto inclúe catro cintas pra a seman, e unha cinta pra venres impares. Realízase unha copia de seguridade incremental cada día e unha copia de seguridade completa na propia cinta dos venres. Se facedes cambios particularmente importantes ou engadides datos importantes ao sistema, sería axeitado unha copia de seguridade completa. Polo xeral, unha copia de seguridade completa ampliada coas copias incrementais cada día. Sen embargo, cando queirades restaura-los datos despois do bloqueo, tardará máis porque primeiro teñen que restaura-las copias de seguridade completa pola noite; só teñen que automatizala pra que se execute despois do horario laboral.

[editar] Almacenando as copias

O almacenamento extraíble do Iomega é superior ós productos en cinta, que se empregan con frecuencia nos servidores das pemes pra facer copias de seguridade e arquivar datos importantes, según afirma a compañia. Ésta solución oferta case o dobre da capacidade inicial do anterior modelo (36Gb vs.70Gb pra os REV), acceso aleatorio instantáneo ós seus arquivos, copias de seguridade, así como restauraciós maís rápidas e cartuchos maís resistentes. De este xeito, a plataforma REV, deseñada pra ofertar o rendemento do disco duro coa comodidade da cinta extensibel, conta con dous tipos de capacidades: a unidade de discos REV 35Gb pra o almazamento nos ordenadores de sobremesa, e discos REV 70Gb pra a aplicación de seguridade no servidor, os cales almacenan ate 140Gb dos datos mediante compresión, usando software de copia de seguridade estándar.

Herramientas personales