Presentación (le isto primeiro)
De OoDocGAL
[editar] OoDocGAL
CompostelaWireless é unha asociación sen ánimo de lucro que pretende promover unha revolución no emprego da informática e as Tecnoloxías da Informática e a Comunicación (TIC). Desde a asociación, entendemos que as comunicacións e as posibilidades que ofrece a tecnoloxía constituen máis un servicios e unha oportunidade social e humana ca un campo de negocio máis. Tamén consideramos que moitos dos servicios e oportunidades que a tecnoloxía ofrece quedan englobados dentro das necesidades e dereitos básico: formación, comunicación, expresión, asociación, etc.
Desde esta postura, CompostelaWireless considera imprescindible a promoción do emprego do Software Libre, pois garante mellor o acceso da cidadanía a estos servicios e ofrece posibilidades e solucións máis flexibles, accesibles e útiles desde o punto de vista socio-cultural.
Fruto dunha analise das posibles formas de promoción do emprego do software libre nace OoDocGAL. Á pregunta de por que o Software Libre non está máis estendido, unha das respostas con maior peso na actualidade parece ser a inercia. As persoas tenden a manter os costumes, a empregar aquelo que sempre usou. Tendo isto en conta, atopámonos cun escenario no que a meirande parte dos centros educativos, do tipo que sexa, empregan nos seus cursos de informática sistemas operativos e aplicacións propietarios. A consecuencia inmediata disto e que os participantes nestos cursos seguen a empregar as ferramentas que aprenderon no mesmo. Empezar a usar outra cousa diferente parece un esforzo inutil.
Visto isto, decidese iniciar algunha acción que poda facilitar o emprego do Software Libre sobre todo nos cursos de iniciación á Informática. OoDocGAL é un proxecto de formación e documentiación. A sua finalidade última non é constituir un curso por si mesmo, senon un viveiro de documentación. É un espacio de cooperación no que se xeste material de calidade para a formación básica en informática empregando ferramentas de Software Libre. O obxetivo último de OoDocGAL é proporcional material didáctico (manuais, tutoriais, guias, etc.) ós educadores encargados de introducir á cidadanía no mundo do software libre. Con esta iniciativa pretendemos facilitar o achegamento da sociedade a tódalas novas solucións e oportunidades que este mundo ofrece.
Todo o material que atopes aqui está dispoñible baixo a licencia GLP. Isto quere dicir que podes empregalo para facer os teus propios traballos, coas únicas condicións de mencionar a orixe da información e ofrecer os teus traballo resultante baixo esta mesma licencia.
OoDocGAL é unha iniciativa de CompostelaWireless financiada e apoiada por Mancomun.org e DP Informática.

