Tema1 - Achegándose ó OpenOffice
De OoDocGAL
[editar] Achegándose ó OpenOffice
Tes un pequeno negocio familiar e estás cansado de facer as cousas a man, así que decides comprar un ordenador aproveitando a subvención que ofrece a Administración.
Para os teus labores diarios precisas un software ofimático, mais o ordenador non traía instalado ningún. Ao pedir prezos, decatácheste de que eran un pouco caros para as posibilidades do teu negocio, mais tamén falaron moi ben dunha aplicación que se distribúe gratuitamente e que se chama OpenOffice.
[editar] Obter OpenOffice
- De seguido explicaremos que é OpenOffice e cómo conseguilo e instalalo pra que poidas crear documentos de texto, follas de cálculo e presentaciós.
[editar] Xestionando documentos
- Neste capítulo veremos cómo abrir un documento que xa existe, cómo xerar un novo e as diferentes opciós que temos cando queremos gardalo sen que modifiquemos o orixinal.
[editar] Dando formato á páxina
- Imos comprender que é o estilo de páxina "Predeterminado", así como modificar o mesmo pra adaptalo ás nosas necesidades, paso previo antes da creación de calquera documento.
[editar] Empezando a traballar con textos
- Aquí aprenderemos a introducir texto nun documento en branco e a inserir e sobrescribir texto.
[editar] Escribindo texto avanzado
- Aquí aprenderás a introducir directamente texto en calquera posición, amáis doutros detalles interesantes
[editar] Edición e búsqueda de texto
- Cando estamos traballando con documentos de gran extensión ás veces pode resultar tedioso. Presentamos algunhas ferramentas que poden simplificar esta tarefa ao máximo, aforrando tempo e esforzo.
[editar] A Axuda en OpenOffice
- Moitas veces mentres traballamos con algún programa pode haber algunha opción ou funcionalidade que non coñezamos pero sí que intuímos que poida ter. Nestes casos é conveniente saber se este programa conta con algunha axuda e coñecer cómo funciona.
Categorías: Índice | Curso | Manual | Writer | Instalación

